|
|

|
|
|
|
Sobre o 8 de marzo, Día Internacional da Muller,
existen diversas versións, a máis coñecida é a
dun incendio ocorrido o citado día do ano 1908
nunha fábrica téxtil de Nova York, provocado
polo propio empresario ante as obreiras
declaradas en folga e encerradas no inmoble,(morreron
queimadas as 129 traballadoras).
A historia deste día non debemos vinculala a
un só feito illado, senón a un cúmulo de
acontecementos reivindicativos dos nosos
dereitos e da loita pola igualdade, que
precisamente quero lembrarvos que nin tan
sequera tiñamos dereito ao ensino , nin dereito
a voto...que as xornadas laborais eran de até 14
horas, e que a lei tampouco recoñecía ás
traballadoras casadas a capacidade necesaria
para controlar o seu propio salario e establecía
que este debía ser administrado polo marido.
Unha muller non podía facer nada sen
consentimento do marido, posto que a anterior
lexislación cualificaba á muller de menor de
idade, así que unha acción tan simple hoxe en
día como abrir unha conta bancaria ou comprar
unha lavadora, era impensable sen a súa
aprobación. Mesmo se unha muller española casaba
cun estranxeiro, perdía a nacionalidade, aínda
que non saíse do país.
Grazas á loita de moitas mulleres, isto
cambiou, non debemos esquecer todo o que
avanzamos, pero tamén debemos saber que aínda
nos queda moito por andar... en 28 países
africanos existe a ablación sexual (mutilación
de parte dos xenitais externos femininos) , en
España o número de mulleres vítimas da violencia
de xénero é alarmante... Non debemos quedarnos
parados ante estes actos de brutalidade.
|
|