AGRUPACIÓN  DE TELEMARKETING
COMFIA GALICIA



Principal areas preguntas frecuentes tablas salariais contacto afiliate  
 

 

Iniciativa Lexislativa Popular contra a reforma laboral






















 
 
 

Non podemos permitir isto

   

(17/12/2010) O respaldo dos traballadores e traballadoras á folga xeral e ás manifestacións celebradas o pasado 29 de setembro contra a reforma laboral levou a CCOO e a UXT a dar un paso máis na súa estratexia reivindicativa e de mobilización para facer reversible a reforma, coa presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular.
Un texto articulado de lei co que CCOO e UXT tratan de corrixir os aspectos máis lesivos da reforma e demostrar que as organizacións sindicais teñen alternativas ao recorte de dereitos e ao modelo de relacións laborais que aprobou o Congreso dos Deputados a instancias do Goberno.

 
 

Como denunciou o secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, nos máis de cinco meses que leva en vigor a reforma laboral púxose de manifesto que non serviu para crear emprego nin logrou mellorar a súa calidade. Pola contra, o rumbo é profundamente equivocado e está a causar graves prexuízos ás persoas e á sociedade no seu conxunto, pois está a reducir a contratación indefinida, elevando a temporalidade e propiciou que haxa máis despedimentos; é dicir, todo o contrario do que se pretendía.

 reforma laboral segue sendo obxecto de rexeitamento e de contestación do movemento sindical. Non se pode tolerar que a crise se utilice para recortar dereitos dos traballadores ou se pretenda aproveitar para debilitar a negociación colectiva ou o sistema público de pensións. É por iso que se vai a iniciar unha campaña de recollida de firmas en apoio á ILP para a súa tramitación no Congreso.

A Iniciativa Lexislativa Popular promovida por CCOO e UXT persegue modificar os aspectos máis lesivos da reforma laboral e propiciar un cambio nas bases estruturais do noso sistema de relacións laborais, con obxectivos moi concretos:

Favorecer o emprego, especialmente novo e das persoas desempregadas, así como a mellora da intermediación laboral dos Servizos Públicos de Emprego.


Combater a segmentación e precariedade do mercado de traballo. Favorecendo o acceso e a permanencia dos traballadores no mesmo, a través de empregos estables e de calidade; combatendo a temporalidade de longa duración, establecendo límites temporais en caso de sucesión de contratos; así como establecendo unha nova relación para o contrato de obra e servizo, xunto ao fomento do contrato fixo descontinuo, nos sectores onde a actividade é estacional. Tamén se avoga por penalizar a cotización dos contratos temporais e reducir a dos contratos fixos.


Recuperar a causalidade do despedimento, con garantías para os traballadores, e a figura do despedimento nulo. No caso do despedimento improcedente preténdese que, nalgúns casos, o traballador poida elixir entre unha indemnización ou reincorporarse ao posto de traballo do que foi despedido.


Reordenar as medidas de flexibilidade interna negociada cos sindicatos como alternativa ao uso do despedimento ante calquera situación de crise ou cambios organizativos na empresa. O despedimento ha de ser, en definitiva, a última medida necesaria para restablecer a situación económica da empresa ou para garantir a súa viabilidade.


Reforzar algúns elementos da negociación colectiva debilitados coa reforma laboral, para que o convenio colectivo instálese no centro das relacións laborais.


A progresiva substitución do actual modelo produtivo, que está na orixe dos gravísimos problemas da economía española, por outro que incentive a competitividade empresarial a través da innovación tecnolóxica e o desenvolvemento formativo.

 
  Outras noticias:
Cadro comparativo Art 17 convenio
O gasto público: un falso culpable
CONVENIO PARALIZADO
Covenio con garantias ou despido mais libre
Convenio situacion impresentable
Reunion 10 Outubro polo convenio
Nova reunión V Convenio Contac Center
Sentenza PVD
Sentenza permiso hospitalizacion
Resultado dos paros
Chegou a hora da movilizacion
Iniciativa Lexislativa Popular
Folga 1 de Xulio, a patroal debe rectificar
Eleccións en Stream
Concentración en Coruña
ACE: imos a por vos
A patronal quere desregular o sector
A baixa laboral non conta como descanso
10 de Marzo en Ferrol
8 de marzo
IPC 2010
As empresas non poden restrinxir o uso das horas médicas


  OS NOSOS BLOGS

CALENDARIO LABORAL

IV CONVENIO CONTACT CENTER

ESTATUTO DOS TRABALLADORES
Buzón de suxerencias