AGRUPACIÓN  DE TELEMARKETING
COMFIA GALICIA



Principal areas preguntas frecuentes tablas salariais contacto afiliate  
 

 

A sentenza de Unisono sobre o PVD dános a razón






















 
 
 

   

(9/7/2010) O pasado 5 de xullo de 2010, o Tribunal Supremo dános a razón nunha das nosas reivindicacións, xa de antigo, e que incluímos na nosa plataforma de convenio, que toda a nosa xornada sexa tempo efectivo de traballo, polo que hai que computar as PVD tal e como indica o Tribunal Supremo "que o persoal de operacións da devandita empresa que desenvolva a súa actividade en pantallas de visualización de datos teñen dereito a unha pausa de 5 minutos por cada hora efectiva de traballo, con independencia do tempo de descanso que contempla o art. 25 do seu Convenio Colectivo" Esta sentenza unicamente vinculaba o seu cumprimento á empresa Unísono.

 
 

COMFIA-CCOO, entendendo que esta é unha situación que afecta a todos/as os/as traballadores de Contact Center e non a unha soa empresa, inicia outro conflito colectivo no que implica á Acce (asociación que agrupa a todas as empresas do noso sector) con quen finalmente, o 23 de setembro de 2009, chega a un acordo en acto de conciliación, no que a dúas partes comprométense a "someter o presente conflito ao resultado da sentenza firme que se dite no procedemento 203/08 seguido ante esta mesma sala, e que poña fin ao citado procedemento, que na actualidade atópase pendente de recurso de Casación (nº 52/09) ante o Tribunal Supremo", agora o tribunal supremo ha fallado a favor da posición de Comfia-CCOO, co que todos os traballadores estamos de parabén e teremos os descansos estipulados e que nos permiten reducir os efectos da carga mental que tanto inflúe no desempeño do noso traballo diario.

Como todas as accións que emprende CCOO esta, ademais de beneficiarnos a todos nós, a patronal debe entender que tamén lles beneficia a eles posto que isto influirá de forma directa nos niveis de absentismo que tanto lles preocupan.

A saúde do traballador é a mellor inversión do empresario.

 
  Outras noticias:
Cadro comparativo Art 17 convenio
O gasto público: un falso culpable
CONVENIO PARALIZADO
Covenio con garantias ou despido mais libre
Convenio situacion impresentable
Reunion 10 Outubro polo convenio
Nova reunión V Convenio Contac Center
Sentenza PVD
Sentenza permiso hospitalizacion
Resultado dos paros
Chegou a hora da movilizacion
Iniciativa Lexislativa Popular
Folga 1 de Xulio, a patroal debe rectificar
Eleccións en Stream
Concentración en Coruña
ACE: imos a por vos
A patronal quere desregular o sector
A baixa laboral non conta como descanso
10 de Marzo en Ferrol
8 de marzo
IPC 2010
As empresas non poden restrinxir o uso das horas médicas


  OS NOSOS BLOGS

CALENDARIO LABORAL

IV CONVENIO CONTACT CENTER

ESTATUTO DOS TRABALLADORES
Buzón de suxerencias