|
|
¡MOVILIÍZATE!

|
|
|
|
(13/05/2011)
Onte día 12 e previo a unha nova convocatoria de
paros no sector de Telemarketing, celebramos un
novo acto de conciliación na SIMA. Este
serviunos para volver constatar, unha vez máis,
que a patronal mantén a mesma postura
inmovilista da que vén facendo gala desde os
comezos da negociación.
Os sindicatos maioritarios fomos testemuñas
dunha situación indecente unha vez máis por
parte da asociación patronal ACE.
Mantemos a nosa postura de rexeitamento á última
proposta da patronal, que todos coñecedes e que
tanto CCOO como FES-UXT cualificamos como
inaceptable. É indecente expor unha negociación
para modificar as regras que rexen neste sector
en beneficio dunha soa parte, a patronal, e
levar a situación do convenio a unha perda de
confianza,
|
|
| |
salvo cando
o obxectivo é acabar coa propia
negociación para non ter que
cumprir os compromisos salariais
e poder aplicar a máxima
precariedade que lle permite a
reforma laboral.
MOBILIZACIÓNS
CONTUNDENTES
Por tanto desde FES-UXT e CCOO
facemos un chamamento a todos os
traballadores/as para que
secundedes masivamente os paros
convocados para os meses de maio
e xuño.
|
PAROS MAIO: DÍAS 23 E 30
|
|
Torna de noite: de 0:00 a 1:00
|
|
Torna de mañá: de 11:30 a 12:30
|
|
Torna de tarde: de 18:30 a 19:30
|
|
PAROS XUÑO: DÍAS 6 E 13
|
|
Torna de noite: de 0:00 a 1:00
|
|
Torna de mañá: de 11:30 a 12:30
|
|
Torna de tarde: de 18:30 a 19:30
|
....e a FOLGA XERAL NO SECTOR O
1 XULLO.
O que está claro é que deben
abandonar este inmobilismo
provocador e exercer a súa
responsabilidade formulando
urxentemente unha nova proposta
onde demostren que é certa a súa
boa fe negociadora.
BLOQUEARÉMOSLLES O SECTOR
Pola contra teremos que
demostrarlles unha vez mais que
nós si queremos convenio e que
imos facer todo o posible para
que se termine asinando, que non
imos permitir que se destrúa
todo o que se conseguiu nos
convenios anteriores, que en
nome da crise preténdase
desregular o sector e mellorar
marxes á conta dos traballadores,
que imos facer notar a nosa
presenza, empresa por empresa e
cliente por cliente, o tempo que
sexa necesario.
QUEREMOS O noso SALARIO XA !!
CCOO e FES-UXT seguiremos
esixindo, de forma contundente
ás empresas de telemarketing que
asuman a súa responsabilidade e
os seus compromisos até lograr a
firma deste Convenio polo que
tanto loitamos ano tras ano.
Onte 11 de maio realizáronse de
novo concentracións de delegados
en varias cidades para deixar
claro que as grandes empresas
clientes son cómplices das
empresas boicoteadoras do noso
Convenio Colectivo.
O próximo 18 de maio volveremos
concentrarnos nas portas de
novos clientes e institucións
públicas, para que todos saiban
quen son de verdade os que dan
ou quitan valor á súa imaxe
pública.
|
|