|
|

|
|
|
|
(19/12/2011) O día 16/12
tiñamos convocada unha reunión de Mesa de
Convenio e o pasado martes os avogados da nosa
Patroal, por medio dun correo electrónico, ás
18:30h infórmannos que non pode celebrarse a
reunión porque teñen xuízos este mesmo día,
indicarvos que esa data se pechou na mesa
anterior, precisamente, porque eles (os que
agora a anulan) tíñano libre.
É incrible que nosa Patroal
invista a subida salarial que corresponde ás
platillas do sector en pagar a uns asesores que
o único que fan é marear a perdiz, para ter as
súas arcas mais cheas. A nosa Patronal non se
farta de repetir
|
|
| |
na
mesa de convenio: subidas
salariais 0 e non lle desbasten
pezas en seguir engordando os
seus "asesores".
Unha vez máis demostran o pouco
interese que teñen uns e outros
en avanzar na negociación e en
chegar a un peche de convenio
satisfactorio para ambas as
partes.Unha vez máis demostran o
pouco interese que teñen uns e
outros en avanzar na negociación
e en chegar a un peche de
convenio satisfactorio para
ambas as partes.
Con esta actitude queren
deixarnos máis claro que a súa
intención é que o convenio
morra, para cada vez ter un
sector máis precarizado.
Viñérono demostrando ao longo
dos 2 anos que levamos de "NON
negociación", pero nas 2 últimas
reunións foi, se cabe, aínda
máis palpable, xa que só
apareceron 2 empresas ou
simplemente anulan as reunións.
Os Representantes Legais dos
Traballadores levamos 2 anos
aguantando chantaxes constantes,
soportando o escaso interese da
patronal e escoitando reunión
tras reunión o que eles só
queren:
SUBIDA SALARIAL = ACEPTACION
MODIFICACION DO ART. 17 TAL E
COMO ELES QUEREN.
Coa última proposta presentada
na mesa queren a flexibilidade
absoluta do despedimento, coma
se a lexislación vixente non
lles dese xa suficiente
flexibilidade.
Todos xuntos poderemos loitar
contra este GRUPO DE ASOCIADOS,
para que non afundan todo polo
que levamos conseguido desde hai
máis de 15 anos, porque cada
avance, xamais foi regalado.
¡¡¡A TODOS NÓS SI NOS INTERESA O
noso SECTOR!!!
|
|