AGRUPACIÓN  DE TELEMARKETING
COMFIA GALICIA



Principal areas preguntas frecuentes tablas salariais contacto afiliate  
 

 

Folga do 1 de Xulio, a patroal debe rectificar. 






















 
 
 

 

     

 

(05/07/2011) Despois da folga do pasado 1 de Xulio, gustaríanos agradecer a masiva participación por parte dos traballadores do sector en todo o país.

Visto o seguemento que tivo, a nosa patroal debe empezar a mirar máis as condicións laborais dos seus empregados en vez de mirar tanto a súa carteira, que xa está chea de mais.

Se queren arrebatarnos a nosa actualización salarial deben mirar antes o que nos están a pagar (tabla_salarial_39_horas.htm) e pensar que farían eles se cobraran eses cartos e lles subiran a luz, o gas, etc, como nos están a facer a nós. Non é xusto, e eles deben sabelo. 

 
  A nosa patroal debe renunciar a incluír unha nova fórmula de despido no convenio, isto é de usureiros, actualmente teñen os EREs, o artigo 17, os fins de campaña provocados pola deslocalización, etc... no noso sector xa existen en demasiadas fórmulas de despido, fórmulas que reducen a nosa indemnización dunha forma considerable. Ista medida non é necesaria, a nosa patroal debe recoñecer que xa ten dabondas.

Deben renunciar a reducirnos ás horas médicas (isto demostra o que se preocupan polos seus traballadores), e deben renunciar a "flexibilidade" nas tornas (ou sexa, facer o que lles veña en gana cos nosos horarios). Isto non é ir para adiante, é ir para atrás, e deben recoñecelo.

O noso traballo ten actualmente unhas condicións demasiado precarias, a nosa patroal debe milloralas en vez de facer o contrario.

A patroal non pode estar sorprendida polo amplio seguemento da folga, deben saber que son demasiadas razons as que nos están a dar para seguir loitando polo novo convenio... a nosa patroal debe rectificar.

¡QUEREMOS UN CONVENIO XUSTO, XA!
 
               
  Outras noticias:
Cadro comparativo Art 17 convenio
O gasto público: un falso culpable
CONVENIO PARALIZADO
Covenio con garantias ou despido mais libre
Convenio situacion impresentable
Reunion 10 Outubro polo convenio
Nova reunión V Convenio Contac Center
Sentenza PVD
Sentenza permiso hospitalizacion
Resultado dos paros
Chegou a hora da movilizacion
Iniciativa Lexislativa Popular
Folga 1 de Xulio, a patroal debe rectificar
Eleccións en Stream
Concentración en Coruña
ACE: imos a por vos
A patronal quere desregular o sector
A baixa laboral non conta como descanso
10 de Marzo en Ferrol
8 de marzo
IPC 2010
As empresas non poden restrinxir o uso das horas médicas


  OS NOSOS BLOGS

CALENDARIO LABORAL

IV CONVENIO CONTACT CENTER

ESTATUTO DOS TRABALLADORES
Buzón de suxerencias