|
|

|
|
(26/09/2011) Novamente, a
patroal, decepcionounos coa falta de
flexibilidade e o continuo cambio cara atrás das
súas propostas.
Á nosa proposición de pechar un convenio con
subida salarial, responden con "cantos de sireas"
consistentes en lanzarnos contrapropostas ás
súas propias propostas, sen achegar posturas,
iso si, deixándonos moi claro que para asinar un
convenio con incrementos salariais temos que
facerlles concesións.
|
|
|
|
-No referente a
Incrementos Salariais, expoñen
de forma sorpresiva rebaixar a
súa anterior posición, sendo a
nova:
2010:
0% de incremento salarial.
2011:
IPC real do ano anterior vencido
a partir da data de firma do
convenio.
Resto
de anos: IPC real do ano
anterior vencido.
- Ampliación da duración do
contrato de obra de 3 a 4 anos.
- Modificación do art. 17,
eliminando referencia á
documentación necesaria a
achegar á RLT que justifique o
descenso do volume de chamadas,
polo termo "xustificación
documental que en dereito sexan
necesarias", incluíndo tanto aos
contratos de obra e servizo como
aos indefinidos.
Mesmo chegaron a advertir aos
presentes que de non pechar un
acordo nas próximas semanas,
chegará a radicalizarse máis e
ofrecer incrementos salariais
inferiores aos onte ofrecidos.
Dende CC.OO. consideramos, e así
llo trasladamos, que en ningún
convenio nos regalaron
nada e tivemos que explicarlles
novamente as razóns polas que
trocamos o rumbo da negociación,
non como táctica, se non para
evitar o bloqueo indefinido e
dar unha posible saída de
convenio, centrándonos nas
grandes reivindicacións actuais
que son:
- INCREMENTOS SALARIAIS
REFERENCIADOS Ó IPC SEN PERDA DE
PODER ADQUISITIVO NINGÚN ANO.
- GARANTÍAS PARA Os
TRABALLADORES NA APLICACIÓN DO
Art. 17.
Non podemos concibir que en 2010
e case todo o 2011 sigamos co
salario conxelado, e que nolo
vaiamos a pasar sen ningún
incremento nin de IPC, nin de
poder adquisitivo que poida
compensar as fortes subidas do
custo da vida destes anos.
Non asumimos deixar ao amparo
dos xulgados a fórmula que
expoñen de redactado do Art. 17
para aumentar as contas de
beneficios dos bufetes de
avogados das empresas. Debemos
ser capaces de arbitrar
procedementos que eviten ao
traballador obter os seus
dereitos a través dos xuíces.
Por todo isto desde CC.OO.
esixímoslles propostas concretas
para a reunión do próximo 10 de
Outubro, onde todas as partes
presentes coincidimos na
necesidade de desbloquear esta
situación de canellón sen saída.
Solicitamos da patronal ACE, que
abra a porta negociadora a un
posible peche do Convenio e non
nos forcen, unha vez máis, á
mobilización.
¡QUEREMOS UN CONVENIO XUSTO, XA!
|
|