AGRUPACIÓN  DE TELEMARKETING
COMFIA GALICIA



Principal areas preguntas frecuentes tablas salariais contacto afiliate

 

xuventude igualdade formación saúde

Muller e igualdade






















 

 

O sector do telemárketing ten unha alta porcentaxe de persoal feminino, por isto mesmo é prioritario que se cumpran os dereitos que protexen ás mulleres neste sector. Sen olvidar que todavía queda moito por andar no tema da igualdade.

   A conciliación da vida familiar e persoal coa vida laboral é unha asignatura pendente no telemárketing, tendo en conta que se trata dun sector con gran variedade de turnos e servicios, estamos seguros que se pode facer moito máis, e queremos conseguilo.

 
Cousas que deberías saber:

  • As traballadoras embarazadas teñen unha protección especial, despedilas pode chegar a ser despido nulo.

  • A traballadora vítima de violencia de xénero ten dereito a redución da xornada de traballo con diminución proporcional do salario ou á reordenación do tempo de traballo.

  • Se tes o teu cargo fillos menores de 9 anos, ou ascendentes de 65 anos,  dispós do tempo necesario para acompañalos ás consultas médicas. Previo aviso e xustificación, debes ter en conta que ese tempo non será retribuído.

  • As mulleres que teñan un fillo menor de 9 meses,  teñen dereito a ausentarse 1 hora do traballo por lactación (podes dividila en dúas fraccións), ou poden reducir a súa xornada laboral en media hora, ou  nunha hora se a redución se centra ó principio ou ó final do seu turno laboral. Este dereito pode ser acumulado en xornadas completas e suplilo por 15 días naturais a gozar de forma ininterrompida e inmediatamente despois do descanso maternal. Se é parto múltiple darase este tempo por cada fillo. Este permiso pode ser gozado polo pai ou pola nai en caso de que ambos traballen.

  • Nos casos de nacementos de fillos prematuros, ou que deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a nai ou o pai teñen dereito a ausentarse do traballo durante 1 hora. Así mesmo terán dereito a reducir a súa xornada de traballo ata un máximo de 2 horas, coa diminución proporcional do salario.

  • Se tes, por razón de garda legal, ó teu coidado directo algún menor de 8 anos o un minusválido que non desempeñe actividade retribuída, tes dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre un 1/8 e un máximo de ½.

  • S tes o teu coidado directo un familiar ata o segundo gado de consaguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente o enfermidade, non poida valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída tamén tes dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre un 1/8 e un máximo de ½.

  • Para atender o coidado dun fillo (xa sea por natureza,  por adopción o por acollemento): podes acollerte a unha excedencia que non pode superar 3 anos a contar desde a data de nacemento ou,  no seu caso, da resolución xudicial administrativa. (Recorda que mentres estás en situación de excedencia non cobras o salario nin podes solictar a prestación por desemprego.)

  • Para atender ó cuidado dun familiar hasta o 2º grado de consaguinidade ou afinidade, que por razons de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por sí mesmo, e non desempeñe actividade retribuida: podes coller unha excedencia de duración non superior a 2 anos.(Recorda que mentres estás en situación de excedencia no cobras o salario nin podes solicitar a prestación por desemprego.)

  • Permisos retríbuidos: (para calquer traballador). Tes a posibilidade de faltar o traballo sen que a empresa che desconte nada do salario nos seguintes casos: (aportando a xustificación oportuna)

  • -Por matrimonio: 15 días.

    -Por casamento do teu pai, nai, fillo ou irmán: 1 día (ó dia no que se casen)

    -Por nacemento dun fillo: 3 días naturais

    -Por traslado de domicilio: 2 días.(non son acumulables ó de matrimonio)

    -Por cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal: polo tempo indispensable.

    -Por hospitalización, ou intervención quirúrxica que precise reposo domiciliario dun parente ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade e irmáns políticos: 3 días. (Serán 4 días se necesita facer un desprazamento de 200 km, ou máis). Hai que gozalos de forma continuada e dentro dos  10 días  contados desde o día da hospitalización ou intervención.

    -Por falecemento do esposo/a, pai, nai, pais e nais políticos, fillos o irmáns: 4 días.(Serán 5  días se necesita facer un desprazamento de 200 km, ou superior)

    -Por falecemento dun parente hasta segundo grao de consanguinidade ou afinidade ou irmáns políticos: 2 días.(Serán 3 días se necesita facer un desprazamento de 200 km, ou superior)

    -Para asistir a la consulta do médico da Seguridade Social: 35 horas ó año.

    - Para asistir a exámenes oficiais: polo tempo indispensable.

 

Se tes algunha duda sobre os teus dereitos, ponte en contacto con nós, axudarémosche a resolvelas.

 

    Buzón de suxerencias