|
|

|
|
O noso traballo ocasiona máis
problemas de saúde dos que, nun principio,
poderiamos pensar: problemas de afonía e
gorxa, desgaste da vista por estar diante
dunha pantalla tanto tempo, pérdida de audición,
tensión... etc. A saúde é sempre un punto
importante que debemos ter en conta no noso
traballo, se estas de baixa non deixes de ollar
a nosa sección de
preguntas sobre baixa laboral.
|
|
|
|
|
Cousas que deberías saber:
-
Os nódulos
vocais están recoñecidos como
enfermidade profesional do
telemárketing, polo que se o teu
médico che indica que podes
telos, debes acudir a mútua para
que cho recoñeza como
enfermidade profesional, esto
quere dicir que se colles a
baixa por este motivo cobrarás
o 100% desde o primeiro día.
-
Existe una
enfermidade pouco coñecida que
se está a dar entre os
traballadores de oficina, a
lipotrofia semicircular ven
debida a combinación de
edificios pechados,
electricidade estática e a baixa
humidade relativa. A mellor
forma de recoñecer esta
enfermidade é a aparición dunha
pequena socavación na parte
superior das pernas e
ten como principais síntomas o
cansazo, e dores e cambras nas
pernas.
-
Tes permiso
retribuído para asistir á
consulta do médico da Seguridade
Social: 35 horas ó año.
-
Se o teu
médico che da un reposo
descóntanche do salario o 100%
do tempo que estés nesta
situación, sen embargo se che da
a baixa so che descontarían o
30% do salario os tres primeiros
días, o 25% do día catro ata o
vinte e non che descontan nada a
partires do día 21.
|
|