AGRUPACIÓN  DE TELEMARKETING
COMFIA GALICIA



Principal areas preguntas frecuentes tablas salariais contacto afiliate

 

xuventude igualdade formación saúde

Xuventude






















 

 

O sector do telemárketing acolle a moita mocidade entre o seu persoal, xente con pouca ou ningunha experiencia laboral, polo que poden descoñecer a maioría dos seus dereitos, se estás neste caso deberías botarlle un ollo ás preguntas frecuentes que pomos a vosa disposición nesta páxina web, para ir coñecendo os dereitos básicos que che da o noso convenio. Ademáis, debes saber que temos unha sección de formación, que tamén che pode interesar. E que saibas que non estás só, seguramente na túa empresa existan delegados sindicais de CC.OO. que che axudarán a coñecer mellor os teus dereitos.

 
Cousas que deberías saber:

  • O convenio de telemárketing recoñécenos o dereito de asistir a exámenes oficiais polo tempo indispensable, como un permiso retribuído. É dicir, se tes que ir a un examen oficial, podes facelo dentro do teu horario laboral e a empresa non debe descontarche nada.

  • O periodo de proba é un período establecido para o novo persoal, durante este período decidirase se a persoa incorporada continúa ou non na empresa.O período de proba establecido para os teleoperadores é de 1 mes de traballo efectivo (non contan as baixas, entre outras cousas). Non se pode establecer un período de proba cando o traballador  xa desempeñara as mesmas funcións na empresa.

  • A empresa debe pagar unha extra en xuño e  outra en decembro, entre os días 15 e 20 do mes. Tamén tes a posibilidade de prorratealas e cobrar a parte proporcional da paga extra mes a mes, mediante acordo entre empresa e traballador.

  • Os operadores que leven un ano de traballo efectivo na empresa pasan a ser teleoperadores especialistas, esta é a razón de que cobren un pouco maís os operadores que levan máis dun ano.

  • Se che fan traballar o fin de semana, en primeiro lugar debes mirar no teu contrato se a túa xornada é de luns a venres, neste caso non poden obrigarte a traballar en fin de semana, e aínda que o teu contrato indique que a túa xornada é de luns a domingo, o goze de dous fins de semana ó mes está garantizado por convenio.

  • Tes a posibilidade de faltar o traballo sen que a empresa che desconte nada do salario nos seguintes casos: (aportando a xustificación oportuna)

  • -Por matrimonio: 15 días.

    -Por casamento do teu pai, nai, fillo ou irmán: 1 día (ó dia no que se casen)

    -Por nacemento dun fillo: 3 días naturais

    -Por traslado de domicilio: 2 días.(non son acumulables ó de matrimonio)

    -Por cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal: polo tempo indispensable.

    -Por hospitalización, ou intervención quirúrxica que precise reposo domiciliario dun parente ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade e irmáns políticos: 3 días. (Serán 4 días se necesita facer un desprazamento de 200 km, ou máis). Hai que gozalos de forma continuada e dentro dos  10 días  contados desde o día da hospitalización ou intervención.

    -Por falecemento do esposo/a, pai, nai, pais e nais políticos, fillos o irmáns: 4 días.(Serán 5  días se necesita facer un desprazamento de 200 km, ou superior)

    -Por falecemento dun parente hasta segundo grao de consanguinidade ou afinidade ou irmáns políticos: 2 días.(Serán 3 días se necesita facer un desprazamento de 200 km, ou superior)

    -Para asistir a la consulta do médico da Seguridade Social: 35 horas ó año.

    - Para asistir a exámenes oficiais: polo tempo indispensable.

    Buzón de suxerencias