AGRUPACIÓN  DE TELEMARKETING
COMFIA GALICIA



Principal areas preguntas frecuentes tablas salariais contacto afiliate  
 

 

Preguntas sobre afiliación:






















 
 
 

TEMAS

afiliación
baixas
contratos
despidos
excedencias
permisos
salario
sancións
turnos
vacacions

Buzón de suxerencias

 

¿Cómo podo afiliarme?

Podes facelo a través da web ou solicitando o impreso de afiliación a un delegado sindical de CC.OO.

Quero afiliarme agora.

¿Cánto custa afiliarme, cómo e cándo se paga?

A cota sindical (ano 2010) a CC.OO é de 10,75 euros ó mes, págase a través de domiciliación bancaria, a primeira cuota é a do mes no que te afilias e podes solicitar que o pago sexa mensual, trimestral, semestral ou anual.

¿Ten coñecemento a empresa de se estou afiliado  a CC.OO.?

Non, a afiliación é totalmente anónima

¿Qué vantaxes ten un afiliado?

Os afiliados poden gozar de todos os servizos que CC.OO. pon a súa disposición (avogados, cursos de formación...)  dunha forma gratuíta ou cun custo mínimo.

Podes deducir as cotas sindicais do IRPF.

Temos acordos con certas empresas para que poidas ter descontos  en viaxes, compras e servizos.

Pero a gran vantaxe é que non estarás só, formarás parte dun sindicato que defenderá os teus dereitos en todo momento e sempre terás a quén acudir.

¿Qué é un delegado sindical?

Son compañeiros/as que foron elixidos mediante votación para representar ós traballadores fronte á empresa. Dispoñen de horas sindicais que lles permiten atender os seus compañeiros ou realizar as súas tarefas sindicais durante a xornada laboral.