¿Cada cánto teño que renovar a miña baixa?
Cada baixa é distinta, o
mellor é que lle preguntes ó teu médico cando
tes que ir a renovala, pero ten en conta que
debes aportar o xustificante médico
á empresa,
en 72
horas como máximo.
¿Déronme
de alta, cándo teño que incorporarme ó traballo?
Non debes incorporarte ó
traballo ata o día seguinte da data
na que che dan
de alta.
¿Se o meu médico dame un
tempo de repouso, cobro algo por ese tempo?
Non, polo tempo que
estás en situación de
repouso descóntanche o 100% do salario, non
cobras nada.
¿Qúe cobro se estou
en situación de incapacidade temporal por
accidente de traballo ou por hospitalización?
Neste caso cobras o 100% do teu salario, dende o
primeiro día e con baixa médica.
¿Qué cobro se estou
en situación de incapacidade temporal por
enfermidade?
Neste caso cobras o 70% do teu salario os 3
primeiros días, o 75% do 4º ó 20 e o 100% a
partir dos 21
días.
Pasados 12 meses de baixa cobras o 75%.
¿Durante cánto tempo
podo cobrar a baixa?
No caso de accidente
o enfermidade,
calquera que sexa a súa causa, 12 meses
prorrogables por outros 6 cando se presuma que,
neste tempo, o traballador poda ser dado de alta
médica por curación. No caso
de períodos de observación por
enfermidade profesional, 6 meses
prorrogables por outros 6 cando se estime
necesario para o estudio e diagnóstico da
enfermidade.
¿Se estou de baixa por
enfermidade, pode chamarme a mutua para facerme
un recoñecemento?
Si, e debes asistir ó
recoñecemento, se tes que desprazarte da túa
localidade, os gastos de desprazamento corren o
seu cargo.
¿Pode darme de alta a
mutua en situación de baixa por enfermidade?
Non, a baixa por
enfermidade dacha a seguridade social e a mutua
non pode darte de alta.
¿Que diferenzas existen
entre a baixa por enfermidade e a baixa por
accidente de traballo?
A baixa por enfermidade non
está relacionada co teu traballo, a baixa por
accidente de traballo, tal e
como o seu nome indica, ten algunha relación co
traballo que realizas.
Na baixa por enfermidade
descóntanche un porcentaxe na nómina,
polo contrario, na baixa
por accidente de traballo, non
fan desconto ningún.
Nas baixas por enfermidade
non necesitas ir á mutua a non ser que te chamen
eles, pero as baixas por accidente de traballo, é
necesario tramitalas a través da mutua..