¿Qué son os contratos indefinidos?
Como o seu mesmo nome indica, son contratos que
non teñen límite de tempo, non necesitan
renovarse. Ademais, tampouco están suxeitos á
campaña ou servizo para ó que traballes, polo
que a empresa pode cambiarche dunha campaña a
outra se o considera necesario.
Para que se extinga este tipo de contrato é
necesario un despido (procedente ou
improcedente) ou que sexa a persoa
contratada a que decida irse da empresa, por
medio dunha baixa voluntaria, o dunha
rescisión do contrato.
¿Qué son os contratos por obra e servizo?
Son contratos ligados a unha campaña ou servizo
específicos e teñen. por tanto, una duración
incerta,
mantéñense mentres dura a campaña ou
servizo para a que se está traballando.
Neste caso, a empresa non pode cambiar ó
persoal dunha campaña a outra sen realizarlle
tamén una modificación do contrato.
¿Qué é o período de
proba?
É un período
establecido para o novo persoal, durante este
período decidirase se a persoa incorporada
continúa ou non na empresa.
O período de proba
establecido para os teleoperadores
é de 1 mes de traballo
efectivo (non contan as baixas, por exemplo)
Non se pode establecer un
período de proba cando o traballador
xa desempeñara as mesmas
funcións na
empresa.