|
¿Cándo
teño que avisar á empresa se quero deixa-lo
traballo?
Un teleoperador ten que
preavisar con 15 días de antelación, no caso de
non facelo descontaráselle da liquidación
a
cantidade correspondente ó salario de un día por
cada día de retraso no preaviso.
¿Estou
embarazada, teño algunha protección se me
despiden?
As traballadoras
embarazadas teñen unha protección especial,
despedilas pode chegar a ser despido nulo.
¿Teño
dereito a prestación por desemprego se me vou da
empresa voluntariamente?
Non, se te vas
voluntariamente, non podes solicitar a
prestación por desemprego.
¿Teño
dereito a prestación por desemprego se me
despiden procedentemente?
Si, aínda que sexa despido
procedente tes dereito a prestación por
desemprego.
¿Teño
dereito a prestación por desemprego se me
despiden improcedentemente?
Por suposto que tes
dereito.
¿Cales
son as causas polas que me poden despedir procedentemente?
Se tes máis dunha falta
grave nun período de 6 meses, sempre que houbese
sanción anterior.
Maís de doce faltas de
impuntualidade, en 6 meses ou de trinta nun ano,
aínda que foran sancionadas independentemente.
Tres o máis faltas
inxustificadas ó traballo no período dun mes,
6 en seis meses, ou trinta nun ano, aínda que
foran sancionadas independentemente..
A falsidade, deslealdade, o
fraude, o abuso de confianza e roubo, tanto a
compañeiros de traballo como á empresa ou a
terceiros relacionados co servizo durante o
desempeño das súas tarefas o fora delas
O facer desaparecer,
inutilizar, causar desperfectos en máquinas,
sistemas, instalacións, edificios, enseres,
documentos, etc…, tanto da empresa como de
clientes da mesma, así como causar accidentes
por dolo, neglixencia o imprudencia inescusable.
O realizar traballos por
conta propia ou allea estando en situación de
incapacidade laboral transitoria, así como
realizar manipulacións para manter esta
situación.
A continuada e habitual
falta de aseo e limpeza, que ocasione queixas
xustificadas de mandos, compañeiros de traballo
ou terceiros.
A embriaguez ou calquera
tipo de intoxicación por droga posta de
manifesto durante a xornada laboral, que
repercuta no traballo, sempre e cando existan
dous avisos por escrito pola mesma
causa.
A violación do secreto de
correspondencia de calquera tipo de documentos
da empresa ou/e das persoas propietarias dos
locais ou instalacións nos que se prestan os
servizos, e non gardar a debida discreción dos
asuntos e servizos en que, pola misión do seu
contido, teñan que estar enterados, así como
facer uso indebido de tal información contida
nas bases de datos, incumprindo o establecido na
vixente Lei de Protección de Datos.
Os malos tratos de palabra
ou de obra, falta grave de respeto e
consideración ás persoas dos seus superiores,
compañeiros, persoal o seu cargo ou familiares
dos mesmos, así como ós clientes e ás persoas
propietarias dos locais ou instalacións nos que
se prestan os servizos e o seu persoal.
O abandono do traballo en
postos de responsabilidade unha vez tomado
posesión dos mesmos, e a pasividade na
prestación do mesmo.
A diminución voluntaria e
continuada no rendemento.
Actos de acoso sexual,
considerándose de especial gravidade os
dirixidos ás persoas subordinadas con abuso de
posición privilexiada.
O abuso de autoridade.
A competencia desleal.
Exixir ou pedir polos seus
servizos remuneración ou premios de terceiros.
A imprudencia en acto de
servizo, se impricase risco de accidente.
O acoso por razón de sexo.
¿Tenme que pagar algo a empresa se me despide
procedentemente?
Por despido
procedente no tes dereito a indemnización, pero
ten en conta que a empresa debe pagarche as cantidades
que queden pendentes polo traballo realizado ata
a data do despido (vacacións, pagas extras...)
¿Tenme que pagar algo a empresa se me despide
improcedentemente?
Por despido
improcedente a empresa tenche que pagar unha
indemnización, normalmente son 45 días por ano
traballado.
|