|
¿Qué
é unha excedencia?
É
un dereito do traballador, polo cal pode irse da
empresa con dereito a regresar nun tempo
establecido. É útil para ós
empregados que necesitan un
período sen traballar pero sen perder o seu
posto de traballo.
¿Qué tipos de excedencia existen por convenio
e que requisitos hai que ter para poder
gozalas?
Excedencias especiais:
é necesario ter una antigüidade superior ó ano,
permíteche estar en situación de excedencia un
mes ó ano, é posible dividila en 2 períodos de
15 días, un en cada semestre. Á finalización de
esta excedencia incorpóraste o teu posto de
traballo sen que sexa necesaria a existencia
dunha vacante.
Excedencias voluntarias: tamén é
necesario ter una antigüidade superior ó
ano, permíteche
pedir unha excedencia non menor a 4 meses e non
superior a 5 anos. Pódese solicitar unha vez
cada 4 años.
Excendencias forzosas:
se te designaron ou fuches escollido para un
cargo público que imposibilite a túa asistencia
ó traballo, podes solicitar esta excedencia que
che da dereito á conservación do teu posto é ó
cómputo da antigüidade durante a súa vixencia. O
reingreso deberá ser solicitado dentro do mes
seguinte ó cese no cargo público.
Excedencias por coidado de familiares:
Para atender o coidado dun fillo (xa sexa por
natureza,
por adopción ou por acollemento): tes unha
excedencia que non pode superar 3 anos a contar
dende a data de nacemento ou, no seu
caso, da resolución xudicial administrativa.
Para atender ó coidado dun familiar hasta o 2º
grao de consaguinidade ou afinidade, que por razons de idade, accidente ou enfermidade non
poida valerse por sí mesmo, e non desempeñe
actividade retribuida: podes coller unha
excedencia de duración non superior a 2 anos.
¿Qué debo saber se solicito una excedencia?
1.- Durante o primeiro ano terás dereito á
reserva do teu posto de traballo. Se vence éste
prazo, a reserva quedará referida a un posto de
traballo do mesmo grupo profesional. Se formas
parte dunha familia numerosa, a reserva extenderáse ata 15 meses (familia numerosa de
categoría xeral) ou ata 18 meses se é familia
numerosa de categoría especial.
2.- A situación de excedencia, computa a efectos
de antigüidade.
3.- Tes dereito a asistir ós cursos de formación
da empresa, debes ser convocado pola
empresa, especialmente con ocasión da túa
reincorporación.
4.- Mentres estás en situación de excedencia non
podes cobrar
a prestación por desemprego.
5.- Á hora de reincorporarte á empresa debes
saber que, existen casos, no que é necesaria a
existencia dunha vacante, é dicir, que non te
reincorporas inmediatamente.
|