|
¿En
qué casos podo ausentarme do traballo con
dereito a retribución?
Nos
seguintes casos, sempre que
preavises e aportes xustificación:
-Por matrimonio: 15 días.
-Por
casamento do teu pai,
nai, fillo ou irmán: 1 día (ó dia
da voda)
-Por nacemento dun fillo:
3 días naturais
-Por traslado de domicilio:
2 días.(non son acumulables ó de
matrimonio)
-Por cumprimento dun deber
inescusable de carácter público e persoal:
polo
tempo indispensable.
-Por hospitalización, ou
intervención quirúrxica que precise reposo
domiciliario dun parente ata o segundo
grao de
consanguinidade ou afinidade e irmáns políticos:
3 días. (Serán 4 días se necesita facer un
desprazamento de 200 km, ou máis). Hai que
gozalos de forma continuada e dentro dos
10 días
contados a partir da hospitalización ou
intervención.
-Por falecemento do
esposo/a, pai, nai, pais e nais políticos,
fillos o irmáns: 4 días.(Serán 5
días se necesita facer un desprazamento
de 200 km, ou superior)
-Por falecemento dun
parente hasta segundo
grao
de consanguinidade ou afinidade ou irmáns políticos:
2 días.(Serán 3 días se necesita facer un
desprazamento de 200 km, ou superior)
-Para asistir
á consulta
do médico da Seguridade Social: 35 horas ó año.
- Para
asistir a exámenes
oficiais: polo tempo indispensable.
¿Se teño unha persoa ó
meu cargo, podo acompañala ó médico no meu
horario laboral?
Si tes o teu cargo fillos
menores de 9 anos, ou ascendentes de
65 anos, dispós do tempo necesario para
acompañalos ás consultas médicas. Previo aviso
e xustificación, debes ter en conta que ese
tempo non será retribuído.
¿Recoñécese a miña
parella de feito para poder solicitar os
permisos?
No noso convenio
recoñécense os mesmos dereitos para as parellas
de feito que para un matrimonio, é necesaria a
certificación de inscrición
no rexistro oficial de parellas de feito
ou, mediante acta notarial.
|