AGRUPACIÓN  DE TELEMARKETING
COMFIA GALICIA



Principal areas preguntas frecuentes tablas salariais contacto afiliate  
 

 

Preguntas sobre salarios e pluses:






















 
 
 

TEMAS

afiliación
baixas
contratos
despidos
excedencias
permisos
salario
sancións
turnos
vacacions

Buzón de suxerencias

 

¿Cál e o meu salario?

Depende das horas que teña a túa xornada laboral, da categoría profesional que teñas e se te recoñecen algún plus, podes ver os importes mínimos que te corresponden na tabla salarial deste ano.

¿Cando cobro as pagas extras?

A empresa debe pagar unha extra en xuño e outra en decembro, entre os días 15 e 20 do mes.

Tamén tes a posibilidade de prorratealas e cobrar a parte proporcional da paga extra mes a mes, mediante acordo entre a empresa e o traballador.

 

¿Podo solicitar que me prorrateen a paga extra e viceversa?

Mediante acordo entre a empresa e o traballador podes solicitar a modalidade que más che guste.

 

¿A cánto me pagan a hora extra?

No horario de 6:00 a 22:00 cobras un 25% mais da hora tipo ordinaria, se é día festivo ten un incremento do 60%

No horario de 22:00 a 6:00 cobras un 60% mais da hora tipo ordinaria, se é día festivo ten un incremento do 80%.

Podes ver o que che corresponde na tabla salarial deste ano, pero ten en conta que estes importes son antes de se apliquen os impostos.

 

¿Cobro mais por vir a traballar un día festivo?

Por suposto, o traballador que preste os seus servizos en día festivo terá un plus que se actualiza ano de en ano, aparte do incremento, ten tamén dereito a un día libre retribuído.

Ademais existen festivos especiais, que teñen un plus todavía maior: o 25 de decembro, o 1 de xaneiro e o  6 de xaneiro.

Podes ver o que che corresponde na tabla salarial deste ano, pero ten en conta que estes importes son antes de se apliquen os impostos.

 

¿O día 24 e 31 de decembro son festivos?

Teñen consideración de festivos especiais, pero a partires das 20:00 h., polo que se estes días tes que traballar a partires das 20:00 h. cobrarás un recargo que se actualiza de ano en ano. 

Podes ver o que che corresponde na tabla salarial deste ano, pero ten en conta que estes importes son antes de se apliquen os impostos.

 

¿Cobro máis por vir a traballar un domingo?

Se ves a traballar un domingo cobras unha compensación que se actualiza anualmente, debes ter en conta que non poden acumularse os recargos de domingos e festivos especiais,  se coincide domingo e festivo especial cobrarás soamente o plus correspondente a festivo especial.

Podes ver o que che corresponde na tabla salarial deste ano, pero ten en conta que estes importes son antes de se apliquen os impostos.

 

 

¿Cándo teño dereito ó plus de transporte?

Se a túa xornada comeza ou finaliza entre as 24:00 h. e as 6:00 h. tes dereito ó plus de transporte, se coincide que entras e sales no mesmo día dentro do horario anterior pagaráseche o dobre. A cantidade correspondente a este plus actualízanse anualmente.

Podes ver o que che corresponde na tabla salarial deste ano, pero ten en conta que estes importes son antes de se apliquen os impostos.

 

¿Coando teño dereito ó plus de idiomas?

Cando para o desenrolo do teu traballo a empresa te obriga a utilización dunha lingua que non sexa oficial na túa Comunidade Autónoma, tes dereito ó plus de idiomas.

Se estás contratado a tempo parcial, o plus cóbrase proporcionalmente a xornada contratada.

Podes ver o que che corresponde na tabla salarial deste ano, pero ten en conta que estes importes son antes de se apliquen os impostos.

 

¿Teño pluses por antigüidade?

Por convenio non, pero pasado o primeiro ano como teleoperador pasas o nivel de teleoperador especialista, polo que cobras un pouco mais. (ten que ser un ano de traballo efectivo)