|
¿Pódenme
poñer unha falta leve por impuntualidade?
Únicamente nos seguintes
casos:
Se tes más de 3 faltas de
puntualidade durante trinta días, sen que exista
causa xustificada
Se faltas 1 día enteiro ó
traballo sen xustificar. (Pode ser falta grave
tendo en conta as consecuencias que teña a ausencia)
Se abandonas o teu posto de
traballo sen causa xustificada por un
breve periodo de
tempo. (Pode pasar a ser grave o moi grave
tendo en conta
as consecuencias que teña a ausencia)
Se non avisas con
antelación á ausencia por causa xustificada, e
se non xustificas nas 24 horas seguintes a razón
que a motivou. Salvo que se demostre a
imposibilidade de que non se puido facer.
¿Pódenme poñer unha
falta grave por impuntualidade?
Nos seguintes casos:
Máis de catro faltas de
nun período de 30 días.
Se faltas 2 días completos
nun mes, sen xustificación algunha (Pode pasar a
ser moi grave, tendo en conta as consecuencias que teña a
ausencia).
¿Pódenme poñer una falta
moi grave por impuntualidade?
Nos
seguintes casos:
Máis de 12 faltas non
xustificadas no período de 6
meses ou de 30 nun ano, aínda que foran
sancionadas independentemente.
Tres ou máis faltas
inxustificadas ó traballo nun
mes, mais de 6 en 6 meses, ou 30 nun ano,
aínda que foran sancionadas independentemente.
¿Que sanción me poden
aplicar por unha falta leve?
Unha amoestación verbal ou
escrita, ou unha suspensión de ata 2 días.
¿Descóntanme da nómina
as miñas impuntualidades?
Sempre que che apliquen un
parte de retraso poden descontarche da nómina a
parte proporcional que lle corresponda, pero non
deixes de revisar a nómina cando che apliquen o
desconto, ó ser cantidades pequenas poden
existir errores no redondeo.
¿Teñen que informarme
das impuntualidades que me están aplicando?
Para que unha impuntualidade
sexa efectiva debe ser informada a través dun
parte de retraso.
¿Que sanción me poden
aplicar por unha venta fraudulenta?
É unha falta moi grave,
polo que pode ser causa de despido
procedente.
¿Qué sancións me poden
aplicar por unha falta grave?
Suspensión de 1 a 10 días,
inhabilitación para o ascenso durante un ano.
¿Qué sancións me poden
aplicar por una falta moi grave?
Suspensión de 11 días a 3
meses, pérdida temporal ou definitiva da
categoría profesional, ou
incluso poden chegar a
aplicar despido procedente.
¿Podo
alegar ante unha
sanción que me quere poñer a empresa?
Por suposto, neste caso
deberías acudir á sección sindical de CC.OO.
para que te asesoren, debes ter
en conta que tes un tempo para alegar antes de
que te impoñan a sanción.
¿Cando prescriben as faltas?
Ós
10 días se
é falta leve,
ós 20 días se
é falta grave
e ós
60 días se
é moi grave,
considerándose para o seu
su cómputo a data en que
a empresa tivo coñecemento
dos feitos, e en
calquera caso
ós 6 meses.
É dicir, se cometiches unha
falta (fora cal fora)
e a
empresa non che informou dela en
6 meses non poden poñerte
sanción algunha pasado este tempo.
¿As
faltas quedan para sempre no expediente do
traballador?
Todas as
faltas anótanse no expediente do traballador e
quedan canceladas ós dous meses, as leves, os
catro meses as graves e ó ano, as moi graves.
¿Podo
solicitar a presencia dun representante
dos traballadores
cando a empresa me está informando
dunha sanción que me van
a poñer?
Si, non
só podes,
ademáis e
aconsellable que o
fagas.
|