AGRUPACIÓN  DE TELEMARKETING
COMFIA GALICIA



Principal areas preguntas frecuentes tablas salariais contacto afiliate  
 

 

Preguntas sobre turnos de traballo:






















 
 
 

TEMAS

afiliación
baixas
contratos
despidos
excedencias
permisos
salario
sancións
turnos
vacacions

Buzón de suxerencias

 

¿Cómo sei se o meu turno está dentro do convenio?

Turno de mañá: ten que estar entre as 7:00h. e as 16:00h.

Turno de tarde: ten que estar entre as 15:00h. e as 24:00h..

Turno de noite: ten que estar entre as 22:00h. e as 8:00h.

Turno partido: ten que estar entre as 9:00h. e as 20:00h., entre unha parte e a outra no poden existir mais de dúas horas de diferenza. Este turno non pode aplicarse a traballadores con xornada igual ou inferior a 30 horas semanais.

A empresa pode variar os horarios, dentro das bandas fixadas, preavisando ó traballador por escrito con sete días de antelación.

 

¿Con que antelación debo coñecer os meus horarios?

A empresa debe informar dos teus horarios como mínimo con 7 días de antelación.

 

¿Pode a empresa cambiar o meu turno laboral?

Se che cambian o turno fora da túa franxa horaria, sería una modificación sustancial do contrato, polo que deben preavisarche con 30 días de antelación e ti poderás presentar as alegacións oportunas para negarte.

 

¿A empresa pode facerme traballar todos os fins de semana?

En primeiro lugar debes mirar no teu contrato se a túa xornada é de luns a venres, de todos modos, o disfrute de dous fins de semana ó mes está garantido por convenio.

 

¿Podo reducir a miña xornada laboral por motivos familiares?

As mulleres que teñan un fillo menor de 9 meses,  teñen dereito a ausentarse 1 hora do traballo por lactación (podes dividila en dúas fraccións), ou poden reducir a súa xornada laboral en media hora, ou nunha hora se a redución se centra ó principio ou ó final do seu turno laboral. Este dereito pode ser acumulado en xornadas completas e suplilo por 15 días naturais a gozar de forma ininterrompida e inmediatamente despois do descanso maternal. Se é parto múltiple darase este tempo por cada fillo. Este permiso pode ser gozado polo pai ou pola nai en caso de que ambos traballen.

Se tes, por razón de garda legal, ó teu coidado directo algún menor de 8 anos o un minusválido que non desempeñe actividade retribuída, tes dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre un 1/8 e un máximo de ½.

 Se tes o teu coidado directo un familiar ata o segundo grado de consaguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente o enfermidade, no poda valerse por si mesmo, e que non desempeñe actividade retribuída tamén tes dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre un 1/8 e un máximo de ½.

 Nos casos de nacementos de fillos prematuros, ou que deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a nai ou o pai teñen dereito a ausentarse do traballo durante 1 hora. Así mesmo terán dereito a reducir a súa xornada de traballo ata un máximo de 2 horas, coa diminución proporcional do salario.

A traballadora vítima de violencia de xénero ten dereito a redacción da xornada de traballo con diminución proporcional do salario ou á reordenación do tempo de traballo.