|
¿Cánto
tempo teño de vacacións?
32 días ó
año, deberán ser gozados no
mesmo mesmo ano,
se non as
disfutaches antes do
31 de decembro perdelas,
salvo excepcións de baixa
maternal o baixa laboral.
¿Cómo podo
distribuír as miñas
vacacións?
Dos 32 días
dos que dispós, 4
días podes
gozalos
cando ti desexes,
separada o conxuntamente.
Os 28 restantes
poderalos
dividir en períodos de 7 días, tenendo
en conta que 14 días
deberás gozalos de
forma
continuada e que as
vacacións comezarán sempre en día
laborable para o
traballador e finalizarán
tamén en día laborable,
isto é, as vacación
contan dende
o primeiro
día no que non traballas
ata o día antes de
empezar a traballar.
As
vacacións deben ser fixadas
de
común acordo entre empresario
e traballador,
polo que se
as solicitas
fora do calendario
fixado pola empresa, poden
denegalas. No caso de que non se
chegue a un acordo, será a autoridade laboral
quen o determine.
¿Con canta antelación
debe confirmarme a empresa as
miñas vacacións?
Tes dereito
a coñecer as fechas que
te corresponden dous
meses antes do comezo
das túas vacacións.
¿Qué pasa
coas vacación
se me despiden?
Se che
despiden e non
gozaches das vacacións
que te corresponden, a
empresa pagarache o
importe que equivalente ós
días que te falten, polo
contrario, se
gozaches
de máis vacacións
das que
che correspondían,
decontaránche o importe
equivalente.
¿Perdo
as miñas vacacións
se coinciden
cunha baixa?
Debes saber que existen
sentenzas que recoñecen o
dereito do traballador a gozar das vacacións
que coincidan cunha incapacidade temporal. Aínda que no convenio non está recollida esta
circunstancia, existen empresas que xa están
acatando esta sentenza, se estás nesta
circunstancia o mellor é que te poñas en
contacto coa sección sindical de CC.OO. da túa
empresa.
|